Enterticket

Dios Ke Te Crew na Sala Capitol

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Dios Ke Te Crew na Sala Capitol

Despois dunha longa tempada, os Dios Ke Te Crew están de volta!

Ao pouco de lanzar o seu último LP, "O Ciclo da Serpe" (DKTC Sons, 2019), a xira de actuacións viuse interrompida pola pandemia. Foi aí cando o grupo tomou a difícil decisión de non realizar actuacións en directo ata que as condicións, para público e banda, fosen axeitadas ao formato característico do seu show.

Pois ben, aproveitando esta "parada", Sokram, Mou, Jamas e Padre Murdock estiveron a argallar novos contidos... que traen coma froito un novo e agardado traballo, adiantado co videoclip/single "OG" (feat. Boyanka Kostova).

A banda de hip hop creada en Ordes no 2003 está a piques de celebrar o seu vixésimo aniversario... e traen moitas novidades.

Non quererás que cho conten, verdade?

Pois xa podedes reservar os tickets para o concerto de presentación deste novo traballo! Apunta ben: 27 de maio na Sala Capitol ás 22:00. 

Deica xa!


https://www.diosketecrew.org

Sala Capitol
27 may 2022
ProvinciaA Coruña
Recinto
Sala Capitol
DirecciónRúa de Concepción Arenal, 5, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 21:00 h - Inicio 22:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS